John Trudell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1946 Omaha, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de decembro de 2015 (69 anos) Santa Clara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Educación | San Bernardino Valley College (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, músico, poeta, activista social, cantautor, actor de cinema |
Partido político | American Indian Movement |
Xénero artístico | Blues |
Familia | |
Cónxuxe | Tina Manning |
Parella | Marcheline Bertrand (–2007) |
Páxina web | johntrudell.com |
|
John Trudell, nado o 15 de febreiro de 1946 en Omaha (Nebrasca) e finado en Santa Clara (California) o 8 de decembro de 2015, foi un actor, poeta e activista nativo americano. Durante os anos 1970, foi o presidente do American Indian Movement, con base en Minneapolis, Minnesota. Logo da tráxica morte da súa familia, Trudell comezou a escribir e actuar. Actuou en tres filmes nos anos 1990. O documental Trudell (2005) trata da súa vida como activista e artista.
Infancia
[editar | editar a fonte]Trudell naceu en Omaha, Nebrasca sendo fillo de pai Santee Sioux e de nai mexicana. Medrou nunha pequena vila da Reserva Santee Sioux no norte de Nebrasca. Foi educado en colexios locais e tamén na cultura Santee Sioux.
Servizo militar
[editar | editar a fonte]En 1963, con 17 anos de idade, Trudell abandonou o instituto para unirse ó Armada dos Estados Unidos de América. Serviu durante os primeiros anos da Guerra de Vietnam e estivo no exército ata 1967.
Despois diso, estivo dous anos ensinando radio e locución nun colexio de San Bernardino (California). Decidiu traballar no activismo político.
Matrimonio e familia
[editar | editar a fonte]En 1968, Trudell casou coa súa primeira muller, Fenicia "Lou" Ordonez. En 1972, Trudell casou con Tina Manning, unha activista da tribo shoshone. Tiveron tres fillos xuntos: Ricarda Star, Sunshine Karma e Eli Changing Sun. En febreiro de 1979, Tina (que estaba embarazada), os nenos e a súa nai Leah Hicks-Manning morreron nun incendio na casa dos seus pais na Reserva Duck Valley. O seu pai Arthur sobreviviu. Trudell estaba fóra da vila ese día.
Discografía
[editar | editar a fonte]John Trudell apareceu nos seguintes álbums:[1]
- 1983 Tribal Voice
- 1986 Original A.K.A. Graffiti Man
- 1987 ...But This Isn't El Salvador
- 1987 Heart Jump Bouquet
- 1991 Fables and Other Realities
- 1992 Child's Voice: Children of the Earth
- 1992 A.K.A. Graffiti Man
- 1994 Johnny Damas & Me
- 1999 Blue Indians
- 2001 Descendant Now Ancestor
- 2001 Bone Days (producido pola actriz Angelina Jolie)
- 2007 Madness & The Moremes (dobre álbum)
- 2010 Crazier Than Hell
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Trudell |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- John Trudell na IMDb (en inglés).